CLUBE CICLISTA MACEDA-ESCOLA CICLISMO J.A. HERMIDA

30/01/2010

PABLO RODRIGUEZ, 38º NO MUNDIAL

O corredor do cc Maceda, rematou hoxe, no posto 38 no mundial de ciclocross, na localidade de Tabor na Republica Checa, ao que acudiu formando parte da seleccion Española.Nun circuito completamente nevado e con xeo,o que provocou numerosas caidas, e con temperauras moi baixas, Pablo, na sua primeira participacion nun mundial, tivo unha gran actuacion, xa que saindo dende as ultimas posicions, foi remontando posicions ,e cando se atopaba entorno o posto 25 sufriu un pinchazo que fixo que se retrasara de novo a posicions mais retrasadas. A persares delo, voltou a remontar rematando 38 e 2 español..A carreira foi intensa dende o principio, xa que o que se estaba en xogo era nada menos que o titulo de Campion do Mundo, que o final levouse o checo Paprstka. Pablo , pon remate a si a unha gran temporada , no seu primer ano na categoria junior. Con esta sua primeira partipacipacion nun mundial, superou os obxectivos que se tiña marcado a principio da temporada.
 

24/01/2010

CICLOCROSS INTERNACIONAL DE ISPASTER

Este domingo , celebrouse en Ispaster (Vizcaia) a derradeira proba do calendario estatal de CX, nun circuito con moito barro e moito público. Dado o seu caracter internacional, contou coa participación de corredores franceses, eslovacos ademais dos mellores especialistas de CX do estado. O CC Maceda ,desprazouse , con Pablo e Marcos. Na categoria cadetes, Marcos Villar, realizou unha gran carreira ,remantando en 7º lugar, despois de ter saído na ultima posición. Nun circuito con moito barro e costas, Marcos desenvolveuse a perfección remontando volta a volta. En Juniors, Pablo sufriu unha averia a os 100 m da saída rompendo a patilla do cambio, co que se viu obrigado a ter que ir toda a carreira remontando, e poder contar so con unha bici para toda a carreira. Esta era unha carreira , que pola gran cantidade de barro e herba que se acumulaba, obrigaba a trocar de bici cada volta. Pablo , chegou a estar 3º , pero a partires de ahi, as ultimas voltas foron un calvario , xa que a bici tiña gran cantidade de barro acumulado e non iba. Ao final 6º. En elite, J.A. Hermida rematou 4º.

Xa todo esta listo para acudir o Mundial o vindeiro fin de seman.

Clasificacións da proba aqui

13/01/2010

PABLO, CONVOCADO PARA O MUNDIAL DE CX

A Federación Española de Ciclismo , acaba de facer pública , na sua web, a lista de convocados para acudir coa selección española aos mundiais de ciclocross que se celebran na localidade da R. Checa de Tabor, o vindeiros 30 e 31 de Xaneiro. Entre os convocados , na categoria Junior, está o corredor do noso clube, PABLO RODRIGUEZ. Despois da gran temporada que ten realizado na súa estrea na categoria Junior, con numerosas victorias e podiums , e a pesares de non poder realizar un Campionato de España de acorde a o seu nivel, o seleccionador, Francisco Pla, decidiu que debia estar entre os 4 corredores da categoria Junior que iran a Tabor. 

Na selección tamén estará presente, na categoria elite, J.A. Hermida, polo que 2 macedáns estarán a vez nun mundial.

PARABENS A PABLO E HERMIDA DENDE O CC MACEDA E SORTE!!!!!

Lista de seleccionados , pulsa aqui

10/01/2010

CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS - LAREDO

Este fin de semán celebráronse en Laredo os Campionatos de España de Ciclocross, con moito frio, neve e xeo. O venres foi a proba por equipos, con Pablo formando parte da selección galega. Galicia, acabou segunda. O sábado foi o turno para os masters. Xulio foi 23º en M-40 e J.Manuel 48º en M-30. O domingo era o dia forte, coas carreiras de cadetes, juniors e elite. En cadetes, Marcos acabou 19º competindo co maillot da seleccion galega, e David foi 30º, realizando ambos unha gran carreira. En juniors, participarón , Pablo , coa seleccion galega ,e Iago. Pablo , partía como un dos favoritos, pero a mala sorte cebouse nel, e xa nos primeiros compases da carreira, sufría un pinchazo, que o relegaba as últimas posicións; pero non foi o único percance, xa que cando estaba remontando, rompia o cable do cambio, e xa para rematar, e na ultima volta, a cadea. Ao final , entrou en meta a pe. Iago, nunha moi boa carreira, remataba 20º, apesares, de verse afectado nunha caída na saída.


En elite, Hermida, nunha carreira emocionate, que non se decidiu ate os últimos metros, foi 2º.


02/01/2010

II CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA

Hoxe disputouse na localidade de Maceda , e organizada polo CC MACEDA , a derradeira proba do calendario galego de Ciclocross, e previa aos campionatos de España que se celebran o vindeiro fin de semán. O clube local fixo un gran papel diante da numerosa afeccion de Maceda que se achegou a ver a proba e acadou a victoria en duas das categorias; en juniors, o vencedor foi Pablo Rodriguez, que desta forma amosou o gran estado de forma no que se atopa de cara os vindeiros campionatos de España, nos que parte con opcions de facer un gran papel. A segunda victoria chegou de mans de Xulio Conde en Master 40. En cadetes , Marcos Villar estivo moi cerca da victoria, e remaoutou 2º dilucidandose a victoria ao sprint. O restos dos corredores de Maceda raiaron a gran altura nas diferentes categorias nas que particioparon, con un J.Manuel Ramos, 4º en Master 40 , David Rodriguez, 7º en cadetes , Iago Saa 17º en Cadetes. Pola sua parte Iago Garcia non poido rematar a sua carreira, en juniors, a causa dunha caida. En total foron mais de 130 os participantes que se achegaron a Maceda a participar na proba.

Para ver as clasificacions completas da proba pulsa  aqui.

Para ver as fotos de LUZ pulsa aqui

27/12/2009

CAMPIONATO GALEGO DE CICLOCROSS 2009

PABLO 1º EN JUNIORS E XULIO 3º EN M-40

Hoxe celebraronse en Ponteareas os Campionatos Galegos de Ciclocross 2009, nunha maña fria, e con moito público, nun circuito tecnico, e con unha gran participación. Dende as 10 horas puxenronse en xogo os titulos de campion galego nas diferentes categoria. O clube ciclista Maceda acudiu a cita , con corredores nas categorias de juniors, cadetes e master. Un dos principais favoritos , na categoria junior, era o corredore macedan , Pablo Rodriguez, e non fallou, acadando a victoria e proclamandose campion galego junior no su primeiro ano como junior. Nunha carreira que dominou dende a primeira volta marcando o seu ritmo ,tivo como principais rivais, a Paulo Gonzalez do Expert de Ponteareas e Jose Taboada co CC Cambre.

A outra opcion de podium, nesta categoria, para o CC Maceda ACADEMIA POSTAL, era Iago Garcia , que se viu involucrado nunha caida na saia o que lle lastrou o resto da carreira remantando finalmente no 7º lugar.

En cadetes Marcos Villar estivo moi perto do podium rematdo 4º a 10 seg do 3º , e completando unha gran carreira. Na mesma categoria David Rodriguez foi 12 e Iago Saa 17º.

En Master 40 , chegou o 2º podium para o CC Maceda ,con un 3º lugar de Xulio Conde. En Master 30, J. Manuel Ramos foi 7º.A vindeira proba e última do calendario galego, terá lugar en Maceda , e organizada polo CC Maceda , o vindeiro sabado 2 de xaneiro. Está carreira será a previa a os campionatos de España, que terán lugar o fin de seman do 10 de Xanerio en Laredo , e nos que os corredores de Maceda teñen postas a suas ilusións para acadar algun podium.

20/12/2009

CICLOCROSS PADRON E PORRIÑO

Na súa volta a participar no calendario galego de ciclocross, despois de ter participado as anteriores semans nas probas da copa de España, os integrantes do CC MACEDA  completaron un gran fin de seman nas duas probas nas que participarón, acadando en total 7 podiums. O sábado , na localidade coruñesa de Padron, Pablo Rodriguez acadou a victoria na categoria Junior. Na mesma categoria Iago Garcia remaou 6º. En Cadetes, Marcos Villar acadaba o seu primeiro podium na categoria, rematando en 2º lugar. O terceiro corredor en acadaro podium foi Xulio Conde, en Master 40, quedando 2º. En Master 30 , Jose Manuel Ramos foi 4º e en cadetes David Rodguez foi 12º. Xa o domingo e nunha maña soleada pero moi fria, no Velodromo de Porriño , e con moito publico, como acontece en todas as probas que se celebran en Porriño, por ser unha dos berces do ciclismo Galego , os corredores de Maceda tiveron unha das suas mellores mañas de ciclocross, do que vai de tempada, con 4 corredores no podium. En Juniors, doblete, con Pablo Rodriguez 1º e Iago Garcia 2º, nunha carreira dominada de principio a fin polos corredores de Maceda. Deste xeito , Pablo , que conta a sua participacion por victorias no calendario galego, acadaba a sua 5ª victoria.da temporada. En Cadetes , Marcos Villar , que carreira vai a mais, quedaba 3º , conquerindo outro podium e David Rodriguez foi 7º. En master 40 , Xulio Conde , chegaba o 4 podium quedando 3º.

A vindeira semán chega unha das citas importantes do ano, xa que se celebra, en Ponteareas,  os Campionatos Galegos de Ciclocross.

Para ver as clasificacións de PADRON pulsa aqui

Para ver as clasificacións de PORRIÑO pulsa aqui

13/12/2009

CICLOCROSS COPA DE ESPAÑA ALCOBENDAS

Finalmente Pablo rematou 2º na Copa de España Junior de Ciclocross, despois de ter quedado 2º na ultima proba disputada na localidade madrileña de Alcobendas. Nunha carreira, intensa e emocionante, na que a victoria correspondeu ao vasco Ion Ander, e na que o vencedor final da Copa, o tamén vasco Oier , rematou no 3º lugar, Pablo estivo en todo momento desputando a victoria , diante de dos corredores maís en forma da categoria junior, quedando a apena 20'  do primeiro posto . Na mesma correira, Iago García, que tamén esta a realizar unha gran temporada, foi 10º , despois de rodar toda a carreira no grupo que estaba a desputar a 5ª posicion, e cos que non pudo desputar o sprint por problemas nunha maneta na última volta. Rematou a no 11º posto da Xeral.

En cadetes, Marcos Villar ,que a medida que avanza a temporada,  se atopa cada vez millor, logrou meterse entre os 10 primeiros, rematando 10º , cada vez mais cerca dos corredores de cabeza. David Rodriguez , na mesma categoria acadou un meritorio 18º lugar. En Master 40, Xulio, so poido ser 18º.

Destacar que o vencedor en categoria elite foi J.A. Hermida, superando a Larrinaga e Tino Zaballa, nunha carreira que non se decidiu ate a ultima volta.

Para ver as clasificacións completas da proba:

Elite pulsa aqui

Junior pulsa aqui

Cadetes pulsa aqui

Master 40 pulsa aqui

DOBLE CITA E DOBLE PODIUM PARA PABLO

Intenso fin de semán para os corredores do CC MACEDA ACADEMIA POSTAL, con dobre cita . O sábado participaron na localidade vizcaina de IGORRE, coincidindo coa copa do Mundo, e previa a disputa da proba da Copa do Mundo de profesionales, os corredores de Maceda , participaron nas categoría de cadetes e juniors. En juniors tiveron unha actuación moi destacada, con un Pablo Rodriguez, impresionante, no 2º lugar do podium, formando parte da selección galega, e un Iago García , sensacional ,que remataba no 7º posto. En cadetes Marcos Villar, foi 34º e David Rodríguez 42º.

Xa o domingo , acudiron a participar na penúltima proba da Copa de España na localidade cántabra de PUENTE VIESGO. En Junior, Pablo Rodríguez voltou a ter unha sensacional actuación , quedando 3º , e mantendo todas as opcións na Xeral da Copa , para a ultima proba que  se disputa na localidade madrileña de Alcobendas. Iago García, apesares dos numerosos problemas mecánicos , cando rodaba 6ª posición , rematando ao final de 11º. En cadetes Marcos Villar foi 16º e David Rodríguez 28º. e en Master 40, Xulio Conde foi 10º.

Para ver as clasificacións completas de ambas probas pulsa aqui

29/11/2009

CICLOCROSS DE ROIS 

 Na xornada do domingo, de novo con auga, frio e barro , Pablo acadou unha nova victoria en Juniors, esta vez , con unha importante diferecia co 2º clasificado, e con Iago, de novo, no 4º lugar , despois dunha gran carreira.  En cadetes Marcos Villar que carreira a carreira se vai achegando a posicions de podium, rematou en 5º lugar e David Rodriguez 9º. En Master 30 J. M. Ramos foi 4º e en Master 40, Xulio 6º. 

Para ver as clasificacions da proba , pulsa aqui
 

28/11/2009

CICLOCROSS DE  AMES

O sabado en localidade coruñesa de Bertamirans acolleu unha nova proba do calendario galego de ciclocross. A xornada estivo marcada pola abundante choiva, o que fixo que o circuito estivese cheo de barro. Na categoria junior,  Pablo Rodriguez acadou unha nova victoria , despois dunha apretada chegado con Paulo Gonzalez. Na mesma categoria, destacar a gran carreira de  Iago Garcia que rematou en 4º lugar. En master 40 Xulio obtivo o 2º podium da xornada para o CC Maceda . En Cadetes Marcos Villar foi 5º, e pouco a pouco vaise achegando a posicións de podium,  e David Rodriguez 12º. En master 30 J.M. Ramos foi 5º.

Para ver as clasificacions da proba , pulsa aqui

22/11/2009

COPA ESPAÑA CICLOCROSS NAVIA

PABLO MANTEN TODAS AS OPCIONS DE GAÑAR A COPA

O domingo, a Copa de España de Ciclocross, trasladouse a localidade asturiana de Navia. Nunha proba con numeroso público, con unha maña soleada pero con moito aire, en nun circuito moi rapido, os corredores de Maceda partían coa intencion de consolidar o liderazgo de Pablo na categoria junior. Pero a categoria Junior esta a ser moi disputada, e a diferencia entre os primerios da clasificación moi pequena. Pablo, tivo que conformarse co 9º posto , o que fixo que perdera o liderazgo da Copa de España pero sigue mantendo intactas todas as opcións de gañala, xa que a falta de 2 probas (Cantabria e Madrid) sitúase 3º a só 2 puntos do novo lider que é o asturiano Alberto Lucas.Iago, co seu 21º lugar en Navia descende a 11º posicion da Xeral da Copa.En Cadetes , Marcos Villar foi 17º e David Rodriguez 30. En Master 30 J . Manuel foi 22 e en Master 40, Xulio Conde rematou 10º.Na carreira elite, proba retrasmitida pola Televisión autonómica Asturiana,  J.A. HERMIDA , acadou  unha posición no podium ao rematar en 3º.

Para ver as CLASIFICACIONS da proba pulsa aqui

Para ver FOTOS da proba pulsa aqui

21/11/2009

COPA ESPAÑA CICLOCROSS CULLEREDO

PABLO ACADA O LIDERATO NA CATEGORIA JUNIOR

Na 4ª proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross, disputada o sábado en Culleredo (A Coruña) sobre un circuito con barro, destacar a actuación de Pablo Rodriguez , que na categoria  Junior , acadou un novo podium , rematando en 2º lugar co que se pon lider da Copa de España na categoria junior. Na mesma categoria, Iago Garcia, despois de problemas mecanicos, e ter que ir toda a carreira remontando , remantou na 22º posición. En Cadetes Marcos Villar rematou 18º e David Rodriguez 30º. En Master 30 , J. Manuel Ramos foi 19º, e en Master 40, Xulio Conde foi 6º.

Na categoria élite, destacar a participación de J.A. HERMIDA, que voltaba a competición despois do seu periodo de descanso. Un inoportuno pinchazo, fixo que rematara na 6ª posición.

Para ver as CLASIFICACIONS COMPLETAS pulsa aqui

Para ver FOTOS da proba pulsa aqui

16/11/2009

PABLO RODRIGUEZ , CONVOCADO DE NOVO POLA SELECCION ESPAÑOLA DE BTT

O corredor do CC Maceda, e actual campión de España , Cadete, de BTT, ven de ser convocado de novo pola Selección Española de BTT , para unha concentración que se levará a cabo os vindeiros 21 e 22 de novembro. A coincidencia da concentración con 2 probas da Copa de España de Ciclocross, que Pablo e está a disputar, cos restantes integrantes do CC Maceda, e na que se atopa clasificado no 3º lugar en categoria Junior, fara que Pablo non poida asistir a concentración.

15/11/09

CICLOCROSS DE SANTIAGO: AVERIAS E MOITA AUGA

Onte disputouse a 2ª proba do calendario galego de Ciclocross, na Granxa do Xesto , en Santiago, organizada polo CC Compostelano. A xornada estivo marcada polo mal tempo, con moita chuvia e vento, e as averias. Estas cebaronse cos corredores de Maceda, con varios pinchazos que impediron que tanto Pablo Rodriguez como Iago García , que apersares de ir en posicións de cabeza, non poideron rematar as súas carreiras. En cadetes si que finalizaron todos, con Marcos Villar 7º , David Rodriguez 12º e Iago Saa 15º. En Master 30, J.Manuel, que tamé tivo averias , rematou no 11º lugar. Foi en Master 40 onde chegou o único podium da xornada para o CC Maceda , da mán de Xulio Conde, que acadou o 3º lugar , tamén despois de sufrir un pinchazo , o que o o obrigou a pasar por boxes.

O vindeiro fin de semán haberá dobre cita da Copa de España, o sábado en Culleredo (A Coruña) e o domingo en Navia (Asturias).

Para ver as clasificación completas pulsa aqui

Para ver fotos da proba pusla aqui (Fotos cortesia de Luz)

13/11/09

ACTYON: NOVO PATROCINADOR

A empresa ACTYON ,  incorporase como novo patrocinador do clube, aparecendo na nova roupa que se esta a elaborar de cara o que resta da temporada de ciclocross, e para a vindeira tempada de BTT. ACTYON, Alonso Construcciones, Tuneles y Obras del Norte. S.L. e unha empresa , con sede na comarca de Valdeorras, pertencente ao sector da obra civil que esta a traballar por toda a peninsula. Agradecer desde o clube o seu apoio.

08/11/09

2ª PROBA DA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS - KARRANTZA: PABLO 2º , IAGO 7º

Nunha xornada infernal, no que se refire ao tempo, con moita choiva, vento , tronos, e barro , disputouse a 3ª proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross na localidade vizcaina de Karrantza. Ate ali o CC Maceda desprazou a 6 corredores para participar nas categorias de cadetes, juniors , master 30 e 40.  En cadetes foi David Rodriguez, que rematou no posto 38  o único participante ,despois de que Marcos Villar non poidese tomar a saída por fiebre, e estrearse na Copa de España.  En Master 30 , foi J.M.Ramos, que rematou 36º. En Master 40, Xulio  situouse de novo en posicións de cabeza ,rematando no 6º lugar. Foi en Juniors, onde acadamos un novo podium , con un sensacional Pablo Rodriguez, que rematou 2º despois dunha gran carreira  que ven a confirmalo como un dos juniors máis en forma. Tamén, Iago,  se atopa en un gran momento , e proba de elo e a gran carreira que realizou , rematando 7º. Asi, entre os 6 millores corredores do ciclocross peninsular, temos a 2 corredores de Maceda.

Para ver as CLASIFICACIONS da carreira pulsa aqui

Para ver FOTOS DA CARREIRA pulsa aqui

31/10/09

I CICLOCROSS DE NEGREIRA: 2 VICTORIAS

Este sábado comenzou a tempada galega de Ciclocross, na localidade coruñesa de Negreira. A carreira disputouse sobre un circuito técnico e revirado, con unha temperatura agradable e sin apenas barro, o que fixo que a carreira fora rápida. Comezou a xornada coa carreira de cadetes, na que o corredor de Maceda , Marcos Villar , na súa estrea na categoria cadete, acadou un meritorio 5º lugar. Na mesma categoria , David Rodriguez rematou 11º , Raul Fernandez 13º e Iago Saa 15º. En master 30 , Jose M. Ramos acadou un 6º lugar. Foi nas categorias de Master 40 e Junior onde o CC MACEDA-ACADEMIA POSTAL conqueriu sendas victorias por medio de Xulio Conde , que acadou a victoria en master 40. En Junior, na categoria co nivel máis igualado, tal como se demostrou na ultima proba da Copa de España, en Zamora, onde dos 6 primeiros corredores, 4 eran galegos, a victoria foi para o corredor de Maceda , Pablo Rodriguez, que deste xeito, acada a sua primeira victoria como Junior. Victoria acadada , con unha ventaxe de 30 segundos sobre o corredor do expert , Paulo Gonzalez. Na mesma proba , Iago Garcia rematou en 5º lugar, despois de estar disputando toda a carreira , posicións de podium. A vindeira cita , na que participarán os corredores de Maceda, será na proba da copa de España, que se celebrará o vindeiro fin de semán na localidade vizcaina de Karrantza. Esta será a 3ª proba puntuable para Copa de España , despois das citas de Valladolid e Zamora.

Para ver as clasificacións completa pulsa aqui

30/10/09

COMEZA O CICLOCROSS EN GALICIA

Este sábado comeza na localidade coruñesa de Negreira a temporada galega de ciclocross, que este ano conta con 13 carreiras, cunha carreira que esta programada  a partir das 15 horas no Pavillon Municipal Pedra Mamoa, e que contará cos mellores especialistas galego de ciclocross. A proba será organizada polo C.C. Aquagest. O CC Maceda acudirá con un total de 9 corredores das categorias Cadete, Junior, Master 30 e Master 40.

25/10/09

FIN DE SEMAN DE CAMPAMENTOS

Este fin de semán os corredores/as do CC Maceda estiveron presentes nos Campamentos organizados de unha parte, polo BTT Ponteareas, na Granxa KIRIKO, e de outra pola FGC no Albergue Xuvenil de Gandario en Sada. O BTT Ponteareas , premiou con un fin de semán na Granxa Kiriko aos gañadores/as do I Open do Condado de Mini BTT; asi Marcos Villar, Aida Gonzalez e Pablo Hermdida como vencedores das súas respectivas categorias participaron na actividade. De outra parte , a FGC organizou no Albergue Xuvenil de Gandario a I Xornada de Convivencía de Escolas de Ciclismo, que contou con unha numerosa participación , e na que participarón corredores/as da Escola de Ciclismo JA Hermida do CC Maceda.

Para ver fotos do fin de seman na Granxa Kiriko , pulsa aqui

12/10/09

COPA DE ESPAÑA VILLARALBO: PABLO 2º NA SÚA ESTREA COMO JUNIOR E IAGO 6º

O luns, disputouse a 2ª proba puntuable para a Copa de España na localidade zamorana de Villaralbo, de novo con calor e con numerosisimo público. De novo os corredores de Maceda, acadaron importantes postos destacando sobre todo o 2º posto de Pablo Rodriguez na súa estrea na categoria Junior. Esta era a 1ª proba na que Pablo participaba como Junior, e non poido empezar de millor xeito con este 2º posto nunha proba de nivel estatal. Pablo , que non poido participar na proba de Valladolid, xa que se atopaba na concentración da seleccion española de BTT , si poido chegar a tempo para participar na proba de Zamora. Destacar , tamén a carreira de Iago García, que rematou en 6º lugar despois de liderar durante varias voltas a carreira junior. Outros resultados foron Xulio Conde 7º en Master 40 e J.Manuel Ramos 20 en master 30. O vencedor en categoria elite, como en Valladolid, foi de novo J.A. Hermida.

11/10/09

COPA ESPAÑA VALLADOLID: IAGO 10º EN JUNIORS

O domingo ,disputouse a 1ª proba puntuable para a Copa de España, no vallisoletano parque Sol, con unha importante participación de corredores e corredoras chegados de todo o estado.
Nun día soleado e caluroso, o que non é moi habitual en ciclocross, no que acostuma a predominar o barro, os corredores de Maceda , acadaron uns bos postos nas diferentes categorias nas que participaron, asi Iago García rematou 10 º en Juniors, tras unha gran carreira na que tivo que ir remontando despois de problemas na saída; Xulio Conde foi 5º en Master 40 e J. Manuel Ramos 15º en Master 30. En elite , venceu J.A. Hermida.


09/10/09

EMPEZA O CICLOCROSS

Volta o ciclocroos, comeza unha nova tempada, e con unha dobre cita da Copa de España , o domingo en Valladolid e o lúns en Zamora. Alí estaremos, neste arranque de tempada. O calendario deste ano , inclue as probas da Copa de España (8 probas), asi como as probas do Calendario Galego (12 probas), Campionato de Galicia e de España e otras probas importantes como Igorre,.. E o día 3 de xaneiro organizamos o II ciclocross CASTELO DE MACEDA.

29/09/09

PABLO HERMIDA E AIDA GONZÁLEZ VENCEDORES FINAIS DO RANKING GALEGO DE MINI BTT

Coa proba de Mos celebrada o fin de semán puxose fin a temporada galega de MINI BTT que este ano contou con 14 probas. Os corredores do CC Maceda, PABLO HERMIDA e AIDA GONZALEZ se proclamarón vencedores finales do Ranking, nas súas respectivas categorias, que premia aos máis regulares de toda a tempada.

RANKING:
PRINCIPIANTES: 1º Pablo Hermida
PROMESAS FEMINAS: 1ª Aida González
BENXAMÍNS:2º Ivan Feijoo
ALEVÍNS FEMINAS:2ª Xiana Conde
INFANTÍS:2º Marcos Villar; 3º Iago Saa
INFANTÍS FEMINAS: 2ª Laura Sanchez

26/09/09

REMATA A TEMPADA DE MINI BTT EN MOS

Este fin de semán se puxo punto e final a temporada de MINI BTT ,  que este ano prolongouse dende o mes de maio e que contou con 14 probas; Coa proba que se celebrou en Mos , organizada pola Peña Ciclista Oscar Pereiro, ponse fin a unha temporada larga de carreiras para os mais pequenos. Os corredores e corredoras de Maceda , participaron nesta proba, como foi habitual , nesta tempada acadaron varias victorias e outros postos destacados nos podiums. Estivo presente na entrega de premios Oscar Pereiro.

 

RESULTADOS:

PRINCIPIANTES: 1º Pablo Hermida;2º Martín Garrido

PROMESAS FEMINAS: 1ª Aida Gonzalez; 5ª Antia Martínez

BENXAMIN: 4º Ivan Feijoo; 18º Samuel Gonzalez;20º Davida Hermida; 23º Aroon López

ALEVIN FEMINAS: 2ª Xiana Conde

INFANTIS: 4º Iago Saa; 10º Rubén García;

INFANTIS FEMINAS: 2ª Laura Sanchez

Para ver as clasificacións completas pulsa aqui

20/09/2009

PABLO RODRIGUEZ CONVOCADO POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA

O corredor do CC MACEDA , Pablo Rodriguez, actual campión de Galicia e de España de BTT , que vindeira tempada, correrá na categoria junior, ven de ser convocado pola Selección Española de BTT para unha concentración que terá lugar no CAR de Serra Nevada  a partires do 8 de Outubro.

19/09/2009

HERMIDA GAÑA A ULTIMA PROBA DA COPA DO MUNDO DE BTT

J.A. HERMIDA , acadaba este fin de semán a  victoria na última proba da Copa do Mundo, na localidade austriaca de Schladming , co que rematou 2º na xeral final da Copa do Mundo. Remata asi , unha gran temporada para o corredor oriundo de Maceda, con 2 victorias na Copa do Mundo, asi como o 2º posto na xeral, ademais do 4º posto no mundial , e a prata no europeo.

19/09/2009

MINI BTT OSCAR PEREIRO CONCELLO PORRIÑO

Nunha maña chuviosa, disputouse o sábado no Alto da Risca, en Porriño , organizada pola Peña Ciclista Oscar Pereiro, unha das ultimas probas do calendario galego de MINI BTT. Foron máis de 120 os rapaces e as rapazas,que participaron na proba. Os corredores e corredoras da Escola de ciclismo JA HERMIDA, acadaban, de novo meritorias posicións na proba do Porriño, conquerindo varios podiums.

PRINCIPIANTES: 1º Pablo Hermida; 3º Martin Gonzalez
PROMESAS: 8º Hugo Vazquez
PROMESAS FEMINAS: 1º Aida Gonzalez; 6ª Antia Martinez
BENXAMINS:16º David Hermida; 18º Aroon Lopez; 21º Samuel Gonzalez
ALEVINS: 7º Roman Saa
ALEVINS FEMINAS: 2ª Xiana Conde
INFANTIS: 5º Iago Saa;6º Ivan Conde;10º Ruben Garcia; 16º Marcos Villar
INFANTIL FEMINAS: 2ª Laura Sanchez 

Para ver as clasificacions completas pulsa aqui


12/09/2009

FINAL I OPEN DO CONDADO

A proba do sábado foi a última proba do I OPEN DO CONDADO, organizado polo BTT PONTEAREAS. Foron un total de tres probas, eo remate da mesma entregáronse os premios dos vencedores e das vencedoras nas diferentes categorias. Destacar, que os gañadores e as gañadoras do open, disfrutaran dun fin de semán na granxa escola KIRIKO.

PRINCIPIANTES: 1º Pablo Hermida
PROMESAS FEM.: 1ª Aida Gonzalez
BENXAMÍNS:3º Ivan Feijoo
ALEVINS FEM.:2ª Xiana Conde
INFANTIS: 1º Marcos Villar;3º Ivan Conde;
INFANTIS FEM.: 2ª Laura Sanchez

12/09/2009

MINI BTT FESTAS DE SETEMBRO: PONTEAREAS

O sábado tivo lugar en Ponteareas, e organizada polo BTT PONTEAREAS, a última proba puntuable para o I OPEN DO CONDADO de MINI BTT. Foron mais de 100 os nenos e nenas que tomaron parte na mesma. Os corredores de Maceda , acadaron varias victoriais, asi como outros destacados postos, nas diferentes categorias.

Resultados:

PRINCIPIANTES: 1º Pablo Hermida;15º Martín Gonzalez
PROMESAS: 13º Hugo Vazquez;15º Breixo Atrio
PROMESAS FEM.: 1ª Aida Gonzalez 7ª Antia Martínez
BENXAMÍNS:3º Ivan Feijoo;14º David Hermida;16º Daniel Fontela;25º Samuel Gonzalez;27ºAroon López
ALEVINS:5º Julian Blanco;11º Isamel Del Campo
ALEVINS FEM.:2ª Xiana Conde
INFANTIS: 2º Marcos Villar;4º Ivan Conde;6º Iago Saa;10º Rubén García
INFANTIS FEM.: 2ª Laura Sanchez



FOTOS CARREIRA: PULSA AQUI

CLASIFICACIÓNS: PULSA AQUI

5/09/2009:

MINI BTT 9º G.P. CAMBRE

Este fin de semán a Escola de Ciclismo JA HERMIDA do CC MACEDA ACADEMIA POSTAL participou na ultima proba puntuable para o OPEN GALEGO DE MINI BTT XIRA CAIXANOVA , na localidade coruñesa de CAMBRE, nunha proba organizada polo CC Cambre. Nun circuito ya tradicional dentro do calendario galego, os mais pequenos e as mais pequenas , difrutaron dunha bonita tarde de Mountain Bike. Houbo unha importante participación , como xa ven sendo habitual neste ano nas probas de Mini BTT. Foron uns 120 rapaces os que participarón nesta proba.
Os corredores e as corredoras de Maceda , que estan a completar unha gran temporada, voltaron para Maceda con numerosos podiums na proba:

RESULTADOS CORREDORES CC MACEDA ACADEMIA POSTAL:

PRINCIPIANTES:
1º Pablo Hermida 3º Martin Gonzalez
PROMESAS FEM
1ª Aida Gonzalez  4ª Noela Saa
BENXAMINS
3º Ivan Feijoo  9º Daniel Fontela 13º David Hermida 18º Samuel Gonzalez

ALEVINS

6º Julian Blanco 10º Roman Saa 12º Ismael del Campo

ALEVINS FEM
2ª Xiana Conde 
INFANTIS
2º Marcos Villar 4º Iago Saa 10º Ruben García 
INFANTIS FEM
2ª Laura Sanchez 

Ao remate da proba impuxeronse os maillots e entregaronse os premios dos vencedores e vencedoras do Open Galego.

RESULTADO OPEN GALEGO MINI BTT XIRA CAIXANOVA
PRINCIPIANTES
2º Pablo Hermida CC MACEDA
PROMESAS FEM
1ªAida GonzalezCC MACEDA 3ª Antia MartinezCC MACEDA
BENXAMINS
2º Ivan Feijoo CC MACEDA
ALEVINS FEMINAS
2ª Xiana Conde CC MACEDA
INFANTIS
2º Marcos Villar CC MACEDA 3º Iago Saa CC MACEDA
INFANTIS FEM
2ª Laura Sanchez CC MACEDA

Para ver as CLASIFICACIÓNS completas pulsa aqui

Para ver mais fotos da carreira pulsa aqui

05/09/2009:

HERMIDA 4º NO MUNDIAL DE CAMBERRA

Jose Antonio Hermida rematou no cuarto puesto nos Campionatos do Mundo celebrados  en Canberra (Australia).

Jose saliu coa confianza dos últimos resultados e de atoparse líder do Ranking UCI. Sentiase con opcions e así o demostrou na carreira. Nada máis sair, aún así, se lle saliu a cadea nun dos técnicos descensos, tendo que parar un segundos e perder algunhas posicions, para pasar a primeira volta no posto 12. Dende ahí, Hermida empezou a remontar e  ir hacia adiante, consguindo chegar a encabezar o grupo perseguidor do trío de cabeza formado por Absalon, Vogel e Schurter.

Hermida seguiu ate cazar o grupo de cabeza, despois de marcar mellor tempo que os 3 líderes na segunda e terceira volta. Pero ese desgaste fixo que o final de carreira non fora fácil. Chegou o ataque de Schurter e Absalon, e Hermida quedou cortado; estivo  tirando de Vogel para recuperar un oco que rondaba os 20 segundos, pero o corredor suizo se mantiña a roda, sabedor de que o seu compatriota Schurter tiña medalla segura indo por diante. Jose non poido chegar a contactar coa cabeza por segunda vez e pagou o esforzo de esta carreira coa falta de punch ao final para poder levarse unha medalla.

Para ver O video da proba de HOMES pulsa aqui

29/08/2009:

MINI BTT MONTEFERRO

Nunha maña soleada e moi calurosa , disputouse en Monteferro, no concello de Nigran a ultima proba puntuable para o Open do Futuro , organizada polo Monteferro Bike Club. Particiaparon 23 corredores e corredoras de Maceda , entre os que destacar a victoria de Aida Gonzalez en Promesas feminas, que a consolida como lider do Open Galego de MINI BTT. So a mala sorte privou a a algún outro corredor de acadar a victoria, como é o caso de Ivan Feijoo, que un pinchazo na primeira manga privouno de optar a victoria. Todos os corredores e corredoras tiveron unha destacada actuación, e polo tarde disfrutaron dun merecido día de praia.

Principiantes: 2º Pablo Hermida; 3º Martín González

Promesas: 6º Hugo Vázquez;

Promesas feminas: 1ª Aida Gonzalez; 3ª Antia Martínez; 6ª Noela Saa

Benxamíns: 7º Iván Feijoo;16º Daniel Fontela; 20º Samuel González; 22º David Hermida; 25º Aroon Lopez

Alevins: 5º Julian Blanco; 11º Román Saa; 14º Ismael de Campo

Alevíns Feminas: 2ª Xiana Conde

Infantis: 2º Marcos Villar; 4º Iago Saa;  Ivan Conde;  Adrián Gavilanes; Rubén García

Infantís féminas: 2ª Laura Sánchez

Para ver as CLASIFICACIÓNS completas pulsa aqui

Para ver FOTOS da carreira pulsa aqui

22/08/2009

V MINI BTT DE MACEDA

Bonita xornada de BTT a vivida o sábado en Maceda: moita participación , moito calor e moito público. Ademais, 4 victorias para o noso clube, ademais de outros postos no podium. Foron máis de 100 rapazes e rapazas os que se achegaron a Maceda dende todo Galicia para participar na proba, que chegaba a súa V edición. Do noso clube forón 22 os rapazes e rapazas que participarón , merecendo todos unha mención especial, xa que todos realizaron unha gran carreira, motivados por correr en casa diante da súa xente. Ao final foron 6 os que subiron ao podium , pero o premio foi para todos. Despois a noite, festa, coa cea multitudinaria , 75 persoas, que organizaron os pais e as nais.

Resultados CC MACEDA

Principiantes: 1º Pablo Hermida; 12º Martín González

Promesas: 10º Hugo Vázquez; 17º Breixo Atrio

Promesas feminas: 1ª Aida Gonzalez; 3ª Antia Martínez; 4ª Noela Saa

Benxamíns: 1º Iván Feijoo;6º Daniel Fontela; 16º Samuel González; 20º David Hermida; 23º Aroon Lopez

Alevins: 4º Julian Blanco; 8º Román Saa; 11º Ismael de Campo

Alevíns Feminas: 2ª Xiana Conde

Infantis: 1º Marcos Villar; 3º Iago Saa; 4º Ivan Conde; 11º Adrián Gavilanes; 15º Rubén García

Infantís féminas: 2ª Laura Sánchez

Para ver as CLASIFICACIÓNS completas pulsa aqui

Para ver FOTOS da carreira pulsa aqui

Homenaxe a Iago e Pablo pola súa participación coa Selección Galega nos Campionatos de España e polo título de Campión de España obtido por Pablo

08/08/2009:

MINI BTT MOS

Este sábado disputouse no alto de San Cosme , no concello de Mos , e organizada pola Peña Ciclista Oscar Pereiro, o I MINI BTT OSCAR PEREIRO  que contou coa presencia do gañador do Tour 2006 , Oscar Pereiro. Nunha maña soleada, e como xa ven sendo habitual os corredores e corredoras do CC Maceda , que ate ali se desprazarón, acadaron numerosos podiums, nas diferentes categorias:

Infantis: 2º Marcos Villar, 4º Iago Saa, 8º Ruben Garcia, 10º Adrian G.

Infantis femenino: 2ª Laura Sanchez

Alevins: 5º Julian Blanco, 6º Román Saa

Alevins femenino: 2ª Xiana conde

Benxamins: 2º Ivan Feijoo,11º Daniel Fontela,16º Samuel Glez, 21º Aroon Lopez

Promesas: 11º Breixo Atrio

Promesas femeninas: 2ª Aida Glez

Principiantes: 3º Pablo Hermida, 4º Martín Gonzalez

01/08/2009:

BTT CRECENTE:

VICTORIAS DE PABLO E XULIO

Na tarde do sabado , púxose fin a tempada de BTT  na localidade pontevedresa de Crecente coa disputa da ultima proba do OPEN GALEGO DE BTT. Pablo acadou unha nova victoria en Cadetes rematando como lider do Open, e pechando asi unha impresionante tempada na que acadou, entre outros o campionato de España de BTT. Nesta mesma categoria Raul Fernandez rematou 6º. En juniors Iago Garcia tivo que conformarse con un 5º posto despois de que un pinchazo lle impedise rematar en posicións de podium. Ao final , na xeral do Open rematou en 3º lugar. En Maste 40, Xulio Conde acadou a victoria.

01/08/2009:

MINI BTT CRECENTE:

VICTORIAS DE MARCOS E AIDA

Nova xornada de Mini BTT, esta vez na localidade pontevedresa de Crecente. Ate ali desprazaronse 16 corredores e corredores da Escola de Ciclismo JA HERMIDA, que amenazaba choiva, pero que ao final foi librando,  para participar nas diferentes categorias acadando 2 victorias, Marcos Villar en Infantis e Aida Gónzalez en Promesas, con 2º postos de Laura en Infantis, Xiana en Alevins, Ivan Feijoo en Benxamins, Antia en Promesas e Pablo Hermida en Pricipiantes.

Para ver as fotos da carreira pulsa aqui

18/07/2009:

FOTOS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Para ver fotos do Campionato de España pulsa aqui

Autor das fotos Adrian Martinez

18/07/2009:

PABLO RODRIGUEZ CAMPION DE ESPAÑA DE BTT

Pablo proclamouse hoxe, na montaña olímpica de Montjuic , en Barcelona , CAMPION DE ESPAÑA  na categoria cadete, nunha proba na que participaron máis de 70 corredores, e que dominou de principio a fin , chegando a meta con máis de 40 segundo sobre o 2º clasificado. Na mesma proba participou o tamén corredor de Maceda , David Rodriguez , complentando a carreira. En Master 40 , Xulio Conde , acadou a 8ª posición. Maña , tocalle o turno a Iago García que correrá na categoria Junior, formando parte da selección galega.

12/07/2009:

BTT MARGARIDE TEAM - FELGUEIRAS - PORTUGAL

Este domingo, os integrantes do CC MACEDA achegaronse a participar no 3º BTT MARGARIDE TEAM, na localidade portuguesa de   Felgueiras, perto de Guimaraes. Destacar a actuación de Pablo (2º en cadetes) e Marcos Villar (3º en Infantis)  nun circuito de alta dificultade técnica. Os resto de corredores , Iago Saa, Ruben Garcia, Raul Fernández completarón as súas carreiras. En juniors Iago , non pudo rematar a carreira por caída sen consecuencias, e en master 40 Xulio tampouco pudo rematar.

Para ver as clasificacions da proba pulsar aqui

5/07/2009:

CAMPIONATO GALEGO BTT XC MACEDA 2009


Na categoria reina , Elite, o vencedor foi o corredor de Aquagest, Oscar Vazquez, seguido do correodor José Antonio Lopez , do CC Monforte, co que mantivo unha dura pugna en toda a Carreira. En terceiro lugar situouse Daniel Rodriguez da Ponte Vella de Monforte. En Feminas a vencedora foi Isabel Castro do Aquagest, seguida de Lucía Vázquez do mesmo equipo , e terceira María Álvarez do Bici Verde.

Os corredores do CC MACEDA ACADEMIA POSTAL , tiverón unha actuación destacada, acadando 2 titulos, os de Cadetes por medio Pablo Rodriguez Guede e o de Master 40 , acadado por Xulio.

Pablo foi o gran dominador da proba de cadetes, chegando a meta con máis de 4 min sobre o 2º clasificado . Saul López do Ponte Vella.  Os restantes cadetes do CC Maceda foron Jorge Rodriguez 7º, Raul Fernández 8º e David Rodriguez 11º.

En Master 40  o vencedor foi Xulio.

En Master 30 o corredor do CC Maceda, José M. Ramos rematou no pto 20 e en Senior Diego Rodriguez acadou un meritorio 6º posto no seu primeiro ano de competición.

Para veros resultados completos acceder a:

http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/440_vea.pdf

FOTOS DA CARREIRA

 Para ver as fotos da carreira pulsa aqui

AUTOR FOTOS : ADRIAN MARTINEZ

RESUMO DA CARREIRA NA TVG

Para ver o resumo da carreira emitido na TVG pulsa aqui 

CLASIFICACIONS DA CARREIRA: PULSA AQUI

FOTOS DA CARREIRA: PULSA AQUI


CICLOCROSS IGORRE E PUENTE VIESGO